Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos… Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.
Le informazioni nella sezione "Riassunto" possono far riferimento a edizioni diverse di questo titolo.
Ana Cocho (Santiago, 1977) é arquitecta e enxeñeira en IA. O seu interese polo patrimonio gráfico comezou coa súa publicación Rotulados (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2006) e os seus estudos de doutoramento en técnicas avanzadas de representación arquitectónica. Bolseira da Fundación Pedro Barrié de la Maza e da Fundación Santander Universia esta fortemente ligada á investigación en deseño arquitectónico, tecnoloxía e técnicas dixitais. Despois do seu paso pola Architectural Association of London e a Bartlett School (University College of London) estableceu a súa practica de arquitectura en Barcelona. Activa investigadora e docente universitaria desempeña o seu labor na Anglia Ruskin University (Reino Unido), UIC Barcelona School of Architecture e o Instituto de Arquitectura Avanzada de Catalunya (IAAC). Na actualidade reside en Londres e dedícase por completo á investigación en novas metodoloxías de deseño arquitectónico e urbano con base en procesos Intelixencia Artificial.
Jorge Lens (Vigo, 1967) combinou nos seus inicios o traballo como fotógrafo en La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas mostras fotográficas. En 1997 comeza a exercer como profesor de fotografía na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, labor en que continúa. En 2019 publica, xunto á escritora Ana B. Gómez, El bosque de los deseos, un libro infantil de contos ilustrado con fotografías. En 2023, foi galardoado co I Premio Internacional de Fotografía E CA convocado, pola Generalitat de Valencia e a revista cultural Makma baixo o lema Naturalezas Contradictorias. Dende 2016 desenvolve un amplo traballo no eido da fotografía urbana, que se concretou en exposicións como City Blues (Centros Culturais de España en Latinoamérica), Me llaman calle (Galería Sargadelos, Vigo), Esclavos de nuestra sombra (Asociación Évame Oroza) e [bi]sións, dúas miradas sobre Vigo (Casa da Cultura).
Robert Willemse (Haarlem, Países Baixos, 1969) tras instalarse en Galicia, orientou o seu labor profesional cara á informática e o deseño gráfico. A súa paixón pola fotografía e o patrimonio popular, levárono a publicar o libro O fútbol da terra (Real Federación Galega de Fútbol, 2017), unha selección de imaxes capturadas entre 2009 e 2017 que documentan o fútbol afeccionado en Galicia e todo o que o rodea, recibindo o recoñecemento da RFGF por fomentar a cultura galega. Desde entón dedicouse, como fotógrafo afeccionado, a documentar os elementos gráficos nas rúas, como rótulos e letreiros que, ao pasar frecuentemente inadvertidos adoitan recibir a etiqueta de "patrimonio invisible". A través das súas instantáneas trata de convidar o espectador a reflexionar sobre a transformación que están a sufrir os espazos urbanos e o seu impacto sobre a cultura, memoria colectiva e identidade das cidades.
Le informazioni nella sezione "Su questo libro" possono far riferimento a edizioni diverse di questo titolo.
Da: AG Library, Malaga, MA, Spagna
Condizione: New. Idioma/Language: Gallego. Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos? Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla. Codice articolo 26484210
Quantità: 1 disponibili
Da: Antártica, Madrid, M, Spagna
Rústica. Condizione: New. Condizione sovraccoperta: Nuevo. 01. LIBRO. Codice articolo 1520122
Quantità: 1 disponibili
Da: KALAMO BOOKS, Burriana, CS, Spagna
Condizione: New. Codice articolo KALAMO-9788411765121
Quantità: 4 disponibili
Da: Libros Tobal, Ajalvir, M, Spagna
Condizione: Nuevo. Codice articolo 9788411765121
Quantità: 4 disponibili
Da: Imosver, PONTECALDELAS, PO, Spagna
Condizione: Nuevo. Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemu?os dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexosâǪ Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que a¡nda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte ¡ntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten. Codice articolo 0010574969
Quantità: 2 disponibili
Da: Kennys Bookshop and Art Galleries Ltd., Galway, GY, Irlanda
Condizione: New. 2025. 1st Edition. paperback. . . . . . Codice articolo V9788411765121
Quantità: 2 disponibili
Da: Kennys Bookstore, Olney, MD, U.S.A.
Condizione: New. 2025. 1st Edition. paperback. . . . . . Books ship from the US and Ireland. Codice articolo V9788411765121
Quantità: 2 disponibili