Da
Libros Tobal, Ajalvir, M, Spagna
Valutazione del venditore 5 su 5 stelle
Venditore AbeBooks dal 23 ottobre 2013
COLECCIÓN: LIBROS DO SARELA LIBROS DO SARELA - POESIA. Codice articolo 9788418567544
Cando en 1987 apareceu a primeira edición de Lugo Blues axiña se converteu nun libro de culto, e os seus versos –que percorren a memoria persoal do autor mais tamén interpelan a nosa memoria colectiva– ían pasando de man en man descifrando o espírito desta cidade amurallada. Agora, tantos anos despois, era tempo de regresar a esta gran creación de Claudio Rodríguez Fer, que aquí revisa e amplía con numerosos poemas, e que incorpora o suxestivo traballo artístico de Sara Lamas. É un Lugo fondamente emocional e vital, un Lugo sentido como refuxio, mais tamén un Lugo dende o que trazar a medida do mundo. E, por riba de todo, achéganos a memoria histórica dunha cidade onde comparecen Pimentel, Lorca, Fole, Ángel Johán, Juana Capdevielle, Urania Mella, o doutor Vega Barrera ou Díaz Baliño, entre moitos outros daquela tribo dos vencidos, mais nunca derrotados.
Informazioni sugli autori:
Claudio Rodríguez Fer. Poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta lucense de moi longa traxectoria humanista. Reuniu a súa poesía en Amores e clamores e a súa narrativa en Contos e descontos, ademais de cultivar a poesía visual e obxectual en Cinepoemas e Corpoética. Moi traducido e premiado dentro e fóra de Galicia, o seu poema «A cabeleira» publicouse en setenta linguas dos cinco continentes da Terra. Dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor visitante en Universidades de Nova York, París e Bretaña (onde é Doutor Honoris Causa). Coordina os cadernos Unión Libre e é autor de ensaios e edicións sobre Dostoievski, Tolstói, Verne, Antonio Machado, Borges e moi numerosos autores galegos, especialmente lucenses, como Pimentel, Ángel Johán, Fole ou Cunqueiro.
Sara Lamas. Artista lucense que cultiva a pintura, o debuxo, o gravado, a artesanía e o deseño, con obra exposta e reproducida nun gran número de publicacións, especialmente de Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, María Lopo e Olga Novo.
Titolo: LUGO BLUES
Casa editrice: ALVARELLOS EDITORA
Data di pubblicazione: 2023
Legatura: Brossura
Illustratore: Lamas, Sara
Condizione: Nuevo